(26-03-2017)   Compañeiros do clube na Trasngalaica Rapa das Bestas en Sabucedo

As inmediacións do curro de Sabucedo, lugar emblemático pola celebración da ancestral festa da Rapa das Bestas, foron escenario na mañá de hoxe da saída da terceira proba da Transgalaica 2017. Nela presentáronse máis de 300 corredores para afrontar o circuíto de case sesenta quilómetros deseñado para a ocasión pola Pena Ciclista Bikestrada.

José Antonio, Blanco e Iván participaron nesta proba.

A localidade de Vigo acollerá dentro de dúas semanas a cuarta e última cita da Transgalaica 2017, á que chegan como líderes Javier Busto e Isabel Picoaga. O dezán chega á carreira decisiva con sesenta puntos de vantaxe sobre Carrelo.

Voltar o listado de novas


Clube Ciclista Dúas Rodas 2014 Condicións e aviso legal